Aviso estado de alarma
- Durante o mes de maio a atención presencial a clientes terá lugar unicamente en horario de 10.00 h. a 14.00 h. A partir do mes de xuño, e sempre que os índices de control da crise sanitaria evolúan favorablemente, o horario de atención ampliarase á xornada de tarde, entre as 16.00 h. e as 19.00 h.
- Atenderanse unicamente as consultas e entrevistas con previa cita, e os clientes deberán estar provistos en todo momento de mascarela de protección, facer uso dos dispensadores de xel hidroalcohólico que estarán ao seu dispor e seguir as indicacións que en cada caso procedan en orde á protección e seguridade de todos.
- Sen prexuízo da atención presencial nas nosas oficinas, o despacho continúa a prestar os seus servizos con normalidade mediante os sistemas habituais de telecomunicación, con contacto permanente a través dos nosos números telefónicos, do enderezo despacho@trepatavogados.com e do formulario de contacto desta páxina web.
Infórmase que, ata o próximo día 4 de xuño de 2020, continúa vixente a suspensión (acordada nas disposicións adicionais segunda e terceira do RD 3692/2020) dos términos e prazos procesuais e administrativos, dos prazos de prescrición e caducidade de calesquera accións e dereitos e a suspensión das vistas e actos xudiciais que viñan programados.